II FEIRA DO GANDO DE VACÚN DE CARNE
O Mercado Gandeiro acollerá o vindeiro día 6 de maio a segunda edición da “Feira do Gando Vacún de Carne” organizada polo Concello de Friol en colaboración coa “Asociación de Criadores de Raza Rubia Galllega” (ACRUGA).
O evento celebrarase coincidindo coa feira mensual, que ten lugar o primeiro domingo de cada mes.
Dende o concello estase a enviar unha carta a tódalas explotacións gandeiras e veciños do municipio para instarlles a participar activamente na feira, xa que ademais de exposición de exemplares vacúns, haberá compra-venda como en calquera mercado deste tipo, e o segundo concurso de Gando Vacún de Carne con importantes premios no que poderán participar.
Programa en PDF