A Garda Civil en colaboración co Concello de Friol, organiza unha charla informativa dirixida ás persoas maiores deste Concello coa finalidade de facilitar información sobre cuestións de seguridade persoal no domicilio e técnicas de prevención ante posibles actos de delincuencia (timos, estafas, roubos, etc.)
Dita charla terá lugar o vindeiro mércores, día 9 de maio de 2012 ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Socio-Cultural de Friol |