Concello de friol

Tablón Municipal

 

EXCURSIÓN PARA A TERCEIRA IDADE

EXCURSIÓN PARA A TERCEIRA IDADE

O Concello organiza para o vindeiro día 28 de setembro, mércores, unha viaxe-excursión para os veciños e veciñas da terceira idade, con comida totalmente de balde.

A saída será ás 8:30  da mañá diante do Concello de Friol. Dende alí conducirémonos cara Vilalba para almorzar tranquilamente, e seguidamente visitaremos Mondoñedo onde gozaremos de tempo para pasear polos seus paraxes. Despois iremos cara a costa lucense, concretamente a Viveiro, onde degustaremos unha comida de mediodía completa todos xuntos con música de baile ao final. Para rematar o día, daremos un paseo relaxado por Viveiro para logo volvermos a Friol.

Tódolos interesados deberán facer a súa solicitude persoalmente nas oficinas do Concello, de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas, ata o día 23 de setembro.

Prazas limitadas, a reserva farase por orde de inscrición.


CARTEL

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....