Programa Benestar en Balnearios 2024
Comunícase que o IMSERSO ven de convocar o Programa de Termalismo Social (Balnearios), destinado a persoas maiores de 65 anos ou de 60 se son pensionistas. Tamén pode ir un fillo cunha discapacidade mínima do 45% sempre que non precise axuda doutra persoa.
O programa consiste en estadías de dez ou doce días nun balneario de Galicia e doutras comunidades autónomas.
O prazo estará aberto ata o día 10 de xaneiro, para aqueles que queiran ir nos turnos de febreiro a agosto, e ata o 15 de maio para aqueles que queiran ir de setembro a decembro.
A documentación que deberán aportar é carné de identidade, así como a coantía da pensión que perciben.
A tramitación da solicitude poderase realizar a través dos Servizos Sociais do Concello de Friol
de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
Aquelas persoas veciñas de Friol que queiran acreditarse, poderán presentar a súa solicitude desde os servizos sociais municipais, entre o 27 de xuño e o 19 de xullo.
Os participantes en anteriores edicións NON necesitan acreditarse, xa que recibirán carta nos seus propios domicilios.