Concello de friol

Tabl贸n Municipal

 

PUBLICACIÓN NO DÍA DE HOXE NO B.O.P. DO ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS

PUBLICACIÓN NO DÍA DE HOXE NO B.O.P. DO ANUNCIO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS

De conformidade co disposto en Resolución da Alcaldía de 02 de Xuño do actual, faise pública convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais, para a tempada 2017, no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Friol, mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR Galicia 2014-2020:
 
  • Un xefe de brigada
  • Un peón condutor
  • Tres peóns.
  • Tres condutores para o vehículo motobomba.
 
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de Friol, en horario de 9 a 15 horas en días laborais, ou por calquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Cando as solicitudes se presenten fora do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax ao concello (982-375206) comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente.
 
O prazo de presentación será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
 
Requisitos: Os establecidos nas bases da convocatoria.
 
Procedemento de selección: a realización dunha proba teórica tipo test, valoración de méritos e entrevista, segundo o establecido nas bases que se atopan a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais e na web do concello.

BASES PEÓNS
BASES XEFE BRIGADA
BASES CONDUTORES MOTOBOMBA
MODELO SOLICITUDE PEÓNS
MODELO SOLICITUDE XEFE BRIGADA
MODELO SOLICITUDE CONDUCTORES
ANUNCIO B.O.P.
 

 
Area de Urbanismo

脕rea de Urbanismo

Plans de actuaci贸n, licencias de obras, normativas, tel茅fonos
telefonos de interes

Tel茅fonos de Interese

Tel茅fonos do Concello e das conseller铆as ademais da farmacia, centro de saude, hosteler铆a, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta secci贸n atopar谩 todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ous谩 pasando pola feira do cabalo, etc....