Voltar o Inicio
Separador
friol Feria do Queixo e Pan de Ousá
 
SAÚDA DO ALCALDE

A nosa Feira, supera esta edición os 20 anos. Son xa dúas décadas.

Dúas décadas de éxitos ano tras ano tanto de presenza de xente chegadas desde todos os puntos de Galicia e ata de fóra da nosa Comunidade, como de vendas dos nosos produtos gastronómicos e moi especialmente o Queixo e o Pan de Ousá.

Celebramos, pois a XXI edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá xusto no momento en que estamos inmersos nunha das maiores crises económicas que poidamos lembrar.

Pero por riba destas dificultades que dun xeito ou outro nos afectan a todos, eventos como a nosa Feira do Queixo e Pan de Ousá deben presentarse como "imperecedeiros", como "imperturbables" ó paso dos anos, como tamén o son estos dous produtos que deron fama ó concello de Friol: o Queixo e o Pan, elaborados de xeito artesanal, e da mesma forma que sempre se viñeron facendo.

Un ano máis, pois, comvidamos a todos os friolenses e visitantes en xeral, a que se acheguen á capitalidade municipal a disfrutar non só dos nosos produtos gastronómicos, se non tamén da nosa riqueza medio ambiental, monumental e paisaxística.

En nome da Corporación Municipal, desexamos a todos os visitantes que o vindeiro 17 de marzo pasen con nós, e xunto coas súas familias e amigos, un día cheo de ledicia, vivindo esta "XXI FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ".

Antonio Muiña Pena
Alcalde de Friol.
 
 
 
XXI FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ
 
DOMINGO, 17 DE MARZO DE 2013
 
PROGRAMA DE ACTOS
 
Ás 10:00 horas: Lanzamento de foguetes de artificio anunciando o comenzo da feira.
 
Ás 10:30 horas: Asignación de Stands.
 
Ás 11:30 horas: Apertura da feira
 
Pasarrúas a cargo de:
 
CHARANGOS de NEDA,

XESTA VERDE DE FRIOL e
SONS DA ALDEA DE PEDRAFITA,  

que continuarán ata as 14:30 horas.
 
 
O RECINTO FEIRAL CONTARÁ CUNHA GRAN CARPA
                            
Díptico da Feira


 

     

Separación
Saudo do Alcalde

friol Outras Novas

friol XXI FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ
(28/02/2013)
friol XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MULLERES
(07/01/2013)
friol OBRADOIROS DE NADAL
(12/12/2012)
friol TRANSPORTE METROPOLITANO ÁREA DE LUGO
(31/10/2012)

friol Accesos rápidos

Acceso a Pxom
Acceso a Parroquias
Acceso a Prestacions
Acceso a Hostaleria