|
1.- Escola de Pais.
É un programa Municipal, dirixido ás familias con nenos de 0 a 3 anos. Dúas educadoras manteñen reunións periódicas cos beneficiarios, onde se traballan aspectos relacionados coa autonomía, co coñecemento do medio físico e social e coa comunicación
2º.- Teleasistencia Domiciliaria.
Dirixido principalmente a persoas maiores e discapacitadas; por medio dunha terminal conectada ó telefóno fixo, permite contactar cunha central en caso de necesidade as 24 horas do día durante os 365 días do ano.
3.- Programa de Inserción Social. Ten como fin principal prever situacións de carencia, marxinación e desintegración social. Neste programa, contémplanse diversas accións, así como xestión de prestacións económicas |