Concello de friol

Alcadía

alcalde de friol Benvidos á web oficial do Concello de Friol.

Descubran a imaxe virtual dun concello agrogandeiro, do interior lucense, onde ademais de atopar un inmenso patrimonio cultural e natural, poderán coñecer a súa gastronomía, as súas xentes e os seus costumes...

Friol, coñecido na bisbarra pola súa afamada gastronomía, referente da feira anual do queixo de Friol e do pan de Ousá, ten moito máis que ofrecer. Forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, ofrece interesantes percorridos por diferentes variantes do Camiño Primitivo, e polo Camiño Norte de Santiago, ofertas museísticas como a visita á Torre Fortaleza de San Paio de Narla, instalacións fluviais ó longo do Río Narla, e áreas recreativas en diversas parroquias,... merece unha visita que sen dúbida repetirán.

Pero esta páxina tamén quere ser unha ferramenta útil para os veciños e veciñas, que queiran achegarse á administración local para calquera xestión ou trámite que precisen, para acadar información ou lograr un diálogo, con suxerencias e opinións, fluído e necesario para mellorar os servizos e demandas diarias.

Como Alcalde de Friol, convido os cibernautas a comprobar o que nesta web amosamos, que intentamos sexa un fiel reflexo da nosa realidade, un concello ansioso por recibir a súa visita virtual e real, que agradecemos de antemán.

E remato cun recordo sempre agarimoso para toda esa nosa xente que se viu obrigada a emigrar a terras lonxanas. Para todas esas persoas que con entusiasmo esperamos o seu retorno, e tamén para todos aqueles que por diversas circunstancias, xa nunca voltarán. Sirva esta web de lembranza da súa terra e as súas xentes.

José Ángel Santos Sánchez
 

Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....