Concello de friol

Parroquias

01 decembro 2016

ANAFREITA


ANAFREITA

Parroquia cunha superficie de 8,1 km² situada ao noroeste do municipio que limita co Concello de Guitiriz. Conta con 44 habitantes repartidos nas entidades de poboación: Baraxeiro (O), Braña (A), Carballosa (A), Curral dos Mateos (O), Curral dos Paos (O), Devesa (A), Pardiñeira, Paredes, Portolamas e Río (O). A súa densidade de poboación é de 5,43 hab/km²...
01 decembro 2016

ANXERIZ


ANXERIZ

Parroquia cunha superficie de 7,5 km² situada ao noroeste do municipio de Friol, que conta con 65 habitantes repartidos nos seguintes lugares: Anxeriz, O Coto, Cuíña, Ferreira, As Penelas, Piñeiro, Rosende, O Sabugueiro e Sisto. A súa densidade de poboación é de 8,67 hab/km²...
01 decembro 2016

BRÁ


BRÁ

Trátase dunha parroquia cunha superficie de 4,3 km² localizada ao norte do concello. Posúe 26 habitantes repartidos en 5 entidades de poboación (Brá, A Cafúa, Os Campos, A Camposa e San Martiño). A súa densidade de poboación é de 6,05 hab/km²...
01 decembro 2016

CARBALLO


CARBALLO

Parroquia cunha superficie de 18,1 km² situada ó oeste do Concello de Friol, que conta con 143 habitantes repartidos nos seguintes 17 lugares: O Albeiro, Barallobre, Bernadal, Carballo, A Cortella, Currás, A Fraga, A Freiría, Froxelle, A Gándara, Guntín, A Laxe, O Manxadoiro, Paredes, As Penelas, A Pereira e O Porto de Cas. A súa densidade de poboación é de 7,90 hab/km²...
01 decembro 2016

CARLÍN


CARLÍN

Parroquia situada ao norte de Friol que conta con 49 habitantes repartidos en 7 entidades de poboación: Argá de Arriba, Argá de Abaixo, A Cabana, Carlín, A Devesa, A Pena do Muíño e Taín. Conta cunha superficie de 10,6 /km² e a súa densidade de poboación é de 4,62 hab/km²...
01 decembro 2016

CONDES


CONDES

Parroquia cunha superficie de 17,5 km² localizada no sur do municipio de Friol, que conta con 339 habitantes repartidos en 26 lugares: Abeledo, O Aciveiro, Arriba, Arxerei, Bustelo, A Cancela, As Casas do Monte, O Castro, A Devesa, O Fondoso, A Fonte do Can, Os Fornelos, Foxaco, A Hedreira, Macedo, As Pardellas, A Picha, Quintiá, Racamonde, O Rodo do Muíño, San Martiño, Santa Eufemia, A Torre, Ximondriz, Xul e Xulacasa. A súa densidade de poboación é de 19,37 hab/km²...
01 decembro 2016

COTÁ


COTÁ

Parroquia cunha superficie de 11,9 km² situada ó leste do municipio de Friol, que conta con 163 habitantes repartidos nos lugares de Agruñá. As Casas da Feira, Coído, Cotá, Dombrollo, Os Lagouzos, A Pena, A Ponte, Portasueiro, A Rexidoira e Silvarredonda. A súa densidade de poboación é de 13,7 hab/Km²...
01 decembro 2016

DEVESA


DEVESA

Santalla de Devesa é unha parroquia do leste do concello que conta con 80 habitantes repartidos nos lugares de Armada, As Casas de Covas, As Casas do Cego, O Curral de Abaixo, Os Pedrouzos, O Sisto, Toar, Vilapedre e A Vixía. A súa superficie é de 10,66 km² e a súa densidade de poboación de 11,46 hab/km²...
01 decembro 2016

FRIOL


FRIOL

Trátase dunha parroquia cunha superficie de 5 km² que conta con 574habitantes concentrados nunha única entidade que é a vez a que lle dá nome a todo o concello. A súa densidade de poboación é a máis alta de todas as parroquias que aquí se analizan, 114,80 hab/km²...
01 decembro 2016

GUIMAREI


GUIMAREI

Parroquia cunha superficie de 8,7 km² situada ao sur do municipio de Friol, que conta con 53 habitantes repartidos nos lugares de Abrigueiro, Campo da Feira, A Eirexe, Guimarei de Arriba e Meigonte. A súa densidade de poboación é de 6,09 hab/km²...
Area de Urbanismo

脕rea de Urbanismo

Plans de actuaci贸n, licencias de obras, normativas, tel茅fonos
telefonos de interes

Tel茅fonos de Interese

Tel茅fonos do Concello e das conseller铆as ademais da farmacia, centro de saude, hosteler铆a, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta secci贸n atopar谩 todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ous谩 pasando pola feira do cabalo, etc....