Concello de friol

Información dos servizos sociais

1.- Orientación, Información e Asesoramento. A finalidade é informar ó conxunto dos cidadáns sobre os distintos recursos e dereitos en servizos sociais, orientar e asesorar a persoas individuais, familias e colectivos afectados de problemáticas concretas e facilitar a tramitación para o acceso a prestacións e programas de carácter social

2.- Programa de Axuda no Fogar. Dirixido a toda a población en xeral, priorízanse aquelas persoas que teñen algunha limitación nas súas capacidades e precisan dun apoio externo para desenvolverse no seu domicilio con normalidade. Este servizo facilita atencións de carácter doméstico e persoal e educativo, procurando a permanencia no seu entorno habitual dos beneficiarios. As persoas maiores, discapacitados e familias con problemáticas de variada índole son os principais destinatarios.

3.- Programa de Inserción Social. Ten como fin principal prever situacións de carencia, marxinación e desintegración social. Neste programa, contémplanse diversas accións, así como xestión de prestacións económicas
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....