Concello de friol

Programa de benestar en Balnearios

Comunícase que a Xunta de Galicia ven de convocar o Programa de Benestar en Balnearios, destinado a persoas maiores de 65 anos ou de 60 se son pensionistas. Tamén pode ir un fillo cunha discapacidade sempre que non precise axuda doutra persoa.
 
O programa consisten en estadías de dez días nun balneario galego, entre os que se atopan Termas Romanas, en Lugo, Augas Santas, en Ferreira de Pantón, Río Pambre, en Palas de Rei, Baños de Molgas, Carballiño, Arnoia, Caldas de Reis, etc.
 
O prazo estará aberto ata o día 2 de maio.
 
A documentación que deberán aportar é carné de identidade.
 
A tramitación da solicitude poderase realizar a través dos servizos sociais do Concello de Friol de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....