Concello de friol

Programa de benestar a través da Talasoterapia

Comunícase que a Consellería de Política Social ven de convocar o programa Benestar a través da técnica da Talasoterapia, dirixido ós maiores de 60 anos ou ós de 55 pero coa condición de pensionistas.
 
As estadías poden ser ben no Hotel Thalasso de Viveiro ou ben no Hotel Talaxo Louxo da Illa da Toxa. A duración é de seis días –cinco noites- e o prezo é de 201,00 euros por persoa (pensión completa).
 
O prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de abril.
 
As persoas interesadas poderán tramitar as súas solicitudes a través dos servizos sociais do Concello de Friol, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....