Concello de friol

Datos xerais

Friol é un concello da provincia de Lugo que se sitúa case no centro da comunidade galega. Ocupa unha superficie total de 295 km² e limita cos concellos de Guitiriz e Begonte polo norte; Outeiro de Rei e Lugo polo leste; Guntín e Palas de Rei polo sur; e Toques e Sobrado polo oeste. A súa poboación é de 3.871 persoas (novembro de 2016) e ten unha densidade de 13,12 hab/km². A súa festividade máis famosa é a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que se celebra todos os anos no mes de marzo e que xa vai pola súa 24ª edición.

En canto á súa historia, Friol sempre foi un enclave importante do noroeste peninsular. Quedan aínda vestixios megalíticos e castrexos que evidencian a antigüidade desta entidade e a presenza de varias tribos célticas, como por exemplo varias mámoas entre as que merece a pena sinalar o dolmen da Muruxosa (parroquia de Cotá) ou algúns castros como o castro de Lamas, o de Guldriz, ou o de San Martiño. Esta terra tamén foi ocupada polos romanos, o que non resulta extraño xa que está moi preto do convento xurídico de Lucus Augusti. Boa mostra disto é o miliario que deixaron ao seu paso e que medía a distancia con respecto a cidade.

Sen embargo, un dos pobos que máis influencia provocou na toponimia friolense foi o dos visigodos, xa que se asentaron nas aldeas en torno ao século V e foron os primeiros en nomealas e posuilas. Destes tempos data o condado de Naralliensis ou de Narla, que en torno ao século VI xa estaba perfectamente delimitad. A súa capitalidade ignórase, pero crese que podería estar na parroquia de San Martiño de Condes.

Xa na Idade Media, as familias Ulloa, Parga e Seixas repartíronse o poder neste municipio. Desta época perduraron numerosas construcións como pazos e torres: Torre de Friol, Torre de Miraz, Pazo de Remesil, Pazo de Trasmonte e Fortaleza de San Paio de Narla. Das xa mencionadas, é preciso destacar a Fortaleza, xa que a súa importancia histórica é tal que marcou a traxectoria dos friolenses desde o medievo hasta case fai cen anos. Foi edificada no século XIV e remodelada no XVI debido aos estragos provocados pola revolta dos Irmandiños. O seu señor, promotor desta obra e quizáis o seu morador máis coñecido, foi don Vasco das Seixas. Gobernaba xunto a outras catro liñaxes (os Ulloa, os Lemos, os Saavedra e os Pardo) toda a provincia lucense, polo que podemos determinar que Friol era unha das capitais administrativas da época.

O feudalismo mantívose ata case finais do século XVIII e xa a partir do século XIX estableceuse o concello de Friol como orde administrativa tal e como a coñecemos hoxe.

*Texto extraído do traballo clasificado no segundo posto do “I Premio de investigación Histórica, Cultural e Entnográfica Concello de Friol” presentado por Dona Laura Ferro Devesa e Dona Estefanía Pena Ferro e titulado “TOPONIMIA DO CONCELLO DE FRIOL” Friolensis

Area de Urbanismo

脕rea de Urbanismo

Plans de actuaci贸n, licencias de obras, normativas, tel茅fonos
telefonos de interes

Tel茅fonos de Interese

Tel茅fonos do Concello e das conseller铆as ademais da farmacia, centro de saude, hosteler铆a, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta secci贸n atopar谩 todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ous谩 pasando pola feira do cabalo, etc....