Concello de friol

Tablón Municipal

 

TRANSPORTE METROPOLITANO ÁREA DE LUGO

TRANSPORTE METROPOLITANO ÁREA DE LUGO

O vindeiro día 5 de novembro entra en funcionamento o Transporte Metropolitano da Área de Lugo, que comprende o Concello de Lugo e os seus limítrofes: FRIOL, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Guntín e Rábade.
Para utilizar este transporte público metropolitano pódese pagar en efectivo polo billete normal, ou SOLICITAR unha TARXETA para quen viaxe habitualmente, nas oficinas de NOVAGALICIA BANCO, podendo recargarse cando se esgote o seu saldo en caixeiros e nas oficinas de Novagalicia Banco (antiga Caixa Galicia).
Este transporte ten unha serie de vantaxes, sobre todo económicas, pois os prezos de Friol a Lugo van de 0,67€ da viaxe máis barata (cando se paga coa tarxeta e se fan máis de 40 viaxes) ata 1,45€ do billete normal; e no prazo dunha hora si se paga coa tarxeta, pódese usar o bus urbano de Lugo, para por exemplo ir ata o hospital, polo mesmo prezo.
Estes prezos tan baixos son posibles porque este Transporte está subvencionado pola Xunta de Galicia e polos outros sete concellos que conforman a Área Metropolitana de Lugo. A Xunta de Galicia aportao 80% do custe da subvención do Servizo e os Concellos aportan o 20%.

As PARADAS do Autobús, cos horarios de sempre, no Concello de FRIOL, estarán perfectamente sinalizadas e situadas en:

- Friol: Na rúa Río Narla (diante do Café-Bar Friol).
- Friol: Na Avenida de Lugo, entre o Bar Cuartel Vello e a Rectoral.
- Seixón: Na Laguna, no cruce da estrada Friol-Parga e Miraz.
- Seixón: En Seixón de Abaixo, a carón do Cruceiro.
- Trasmonte: A Carón do Campo da Festa.
- Carlín: Na estrada Friol-Parga, xunto ó cruce de Taín.
- Brá: Na Camposa.
- Roimil: A carón do Campo da Festa.
- Madelos: No cruce de Córneas.
- Lea: Nos Galiñeiros.
- Ramelle: Nas Pedreiras.
- Cotá: Na estrada Friol-Lugo, xunto ó cruce de Castrodá.
- Vilalvite: Na estrada Friol-Lugo, no cruce de Santa Marta.
- Vilalvite: Na estrada Friol-Lugo, xunto á Taberna de Arcadio.

Díptico explicativo sobre o funcionamento deste Transporte Metropolitano

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....