Concello de friol

Tablón Municipal

 

RESULTADOS DA I CARREIRA POPULAR DE FRIOL

RESULTADOS DA I CARREIRA POPULAR DE FRIOL

 
 
CLASIFICACIÓN:
 
Os gañadores absolutos desta primeira edición foron os lucenses Juan Pena (Coruña Comarca) e Patricia García (Atletismo Monte Segade). O primeiro empregou un tempo de 15.42 minutos en cubrir os 5 quilómetros dos que constaba a proba, mentres que Patricia García finalizaba cun crono de 19:41 minutos.
 
No apartado masculino, a segunda posición do podio recaeu en José Ángel Sánchez (Atletismo Monte Segade), mentres que Pedro Escolante (Verxel Lugo) lograba a terceira posición deste.
 
En femias, a veterana e actual subcampiona galega absoluta de maratón Teresa Corral (Atletismo Monte Segade) e Sonia Vázquez (MTC Irmáns Lourés) lograban a segunda e terceira posición respectivamente.
 
Aparte dos atletas xa citados, os gañadores das distintas categorías foron Ruben Mouriz (Friol), Raquel Cabanas (MTC Irmáns Lourés), Elías Díaz (Diablillos de Rivas), Sara Pérez (Diablillos de Rivas), Laura Eirós (Penarrubia Running), Paulo González (Catedráticos do Asfalto), Juan José Casanova (MTC Irmáns Lourés), Higinio Rodríguez (Atletismo Monte Segade), Josefina Castro (Lugo), Javier Toro (Fluvial Lugo), Carmen Expósito (A Gándara), Domingo Álvarez (A Coruña) e Jesús Bouzas (Promocións Abuín)
 
 
Categorías de menores
 
Nutrida participación nas probas de menores, onde o dominio na maior parte das carreiras estivo protagonizado polos atletas locais. Así, na categoría prebenxamín os gañadores foron Diego Rodríguez, Iker Guerra e Victor Cabarcos, mentres que nas nenas os tres primeiros postos foron para Ronsel Díaz, Xiana Ulloa e Mencía Casanova.
 
Na categoría benxamín, a vitoria foi para a lucense Isabel Caeiro (Triscos), seguidas das de Iria López e Laura Vázquez (Colexio Friol). No apartado masculino, David Fariñas (Colexio Friol) lograba a primeira posición, acompañándoo no podio David Rodríguez (A Gándara) e Rubén Vázquez (Colexio Friol).
 
Polo que se refire á categoría alevín feminino, a atleta de Franciscanos Lucía Varela lograba a vitoria, sendo segunda e terceira Andrea Fariñas e Vanesa Blanco, ambas as dúas do Colexio de Friol. En rapaces, triplete dos atletas locais Cristián Santos, Unai Cobas e Marcos Burgo, que ocupaban os tres primeiros postos respectivamente.
 
Jennifer López imporíase na proba infantil (Colexio Friol), sendo secundada no podio por María Carballido (Colexio Friol) e Alba Rodríguez (A Gándara). No apartado masculino, os tres primeiros postos estiveron copados polos atletas locais Adrián Lage, David Penas e Adil Lousini.
 
Por último, na proba cadete, a atleta Ana Varela (Franciscanos) lograba a vitoria, seguida da lucense Kimberly Lamas e de Ronsel Villarábide (Colexio Friol).

Na proba masculina, Cristián Montecelo (Colexio Friol) lograba a vitoria, sendo acompañado no podio polos seus compañeiros de equipo Rubén Ceide e Miguel Penas.

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....