Concello de friol

Tablón Municipal

 

VIII FEIRA DO CABALO

VIII FEIRA DO CABALO

O Concello de Friol organiza unha nova edición da Feira do Cabalo, que nos seus inicios xurdiu como feira monográfica para revitalizar as feiras mensuais, e dada a grande afección ao mundo equino por parte dos veciños, mantívose e consolidouse despois de oito anos.
 

A cita neste 2013 é o domingo 18, e durante a xornada diferentes actividades programadas para tódolos públicos e participantes. 

Para os nenos e a partir das 11:00 horas, ao igual que en edicións anteriores, paseos gratuítos en ponis. Tamén ás 11 da mañá terán lugar os concursos morfolóxicos e ás 13:00 horas haberá entrega de premios.
Ás 13:30 terá lugar exibicións de doma.
Xa pola tarde, previas inscricións, disputarase o Concurso de Andadura, xa tradicional desta feira, repartirndo neste concurso máis de 1.000,00 € en premios en metálico e trofeos.
 
A continuación, a demandada Xincana Popular, para xinetes afeccionados locais, percorrido de probas a contra reloxo, onde a participación é sempre moi concorrida, non polos premios aos mellores tempos, senón con ánimo de participación e de pasalo ben. Repartiranse premios e agasallos entre tódolos participantes.
 
Despois da entrega de premios e trofeos, rematará a xornada cun sorteo dun poldro.
 
Dende o Concello de Friol, esperamos se repita o éxito acadado en anteriores edicións, tanto de participantes como de público en xeral; contribuíndo así á dinamización económica, social e cultural da nosa vila. 

Cartel e programa

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....