O vindeiro domingo, día 1 de setembro, o Concello de Friol organiza o III CONCURSO DE GANDO VACÚN DE CARNE “CONCELLO DE FRIOL”, coincidindo coa feira mensual do mes, repartindo 1700 € en premios e trofeos en cinco categorías: machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos maiores de 8 meses, novillas e vacas.
Haberá ademais das transaccións habituais da feira, a partir das 8 da mañá, na nave do Mercado Municipal, unha MOSTRA-EXPOSICIÓN con gando selecto de carne, onde ACRUGA colabora traendo exemplares de excelente base xenética, ademais de encargarse de xulgar o gando que participe na feira.
Este ano como novidade contarase coa participación doutra asociación de ganderías con gandolimousin, gando vacún de carne que tamén se cría nas explotacións do municipio e da comarca.
descargar programa