OBRADOIROS DE NADAL
O Concello de Friol organiza os días 30, 31 de decembro e 2, 3 de xaneiro, obradoiros para nenos e nenas de 5 a 12 anos, coincidindo coas vacacións de Nadal: Traballos con “fieltro”, obradoiros de pintura de cara, obradoiros de globoflexia, e outras manualidades navideñas, pola mañá de 11:00 a 13:30h na aula da Casa do Concello, totalmente gratuítos.
As prazas dispoñibles son 25 e ocuparanse segundo orde de inscrición, as solicitudes recolleranse no Concello de 9.00 a 15:00h ata a mesma data de celebración ou ata que se cubran as prazas, e deberán acompañarse dunha autorización do pai, nai ou titor do menor. (Axúntanse modelos).
Os traballos e manualidades realizadas serán expostas e poderanse ver na XXIII Edición da Festa dos Reis Magos, organizada polo Concello de Friol, o vindeiro día 5 de xaneiro, ás 5 da tarde no Polideportivo Municipal.
Descargar autoriazación e ficha de inscripción.
autorización
ficha