II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE FRIOL
II CARREIRA POPULAR: “CONCELLO DE FRIOL”
O Concello de Friol e o Colexio Público Integrado Dr. López Suárez organizan a Primeira Carreira Popular “Concello de Friol” o vindeiro domingo, 18 de maio con diferentes categorías e horarios para que participen tódalas idades dende as 11 da mañá.
Celebrarase con percorridos urbanos, en diferentes distancias dependendo da categoría, haberá 6 carreiras para menores con 100, 300, 700, dúas de 1400, e 2100 metros. A carreira absoluta celebrarase a partir das 12 da mañá, as categorías tanto no apartado masculino como feminino serán 10 dependendo da idade, terá un percorrido de 5 km (dende a Praza de España, Avda. de Lugo, ao pasar a gasolinera, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se tomara a circunvalación dirección Friol, rúa Sta. Isabel ata enlazar coa Avda. de Lugo, a altura do colexio daráselle unha volta ao mesmo para entrar en meta).
Todas partirán da Praza de España, onde se atoparán as carpas de organización, avituallamento e onde se entregarán os premios arredor das 13:30h.
As inscricións, poderán facerse na http://www.championchipnorte.com/, e os menores entregando o modelo de solicitude que atoparan na web do Concello de Friol ata o día 14 de maio.
CARTEL
FOLLA INSCRIPCIÓN MENORES