Concello de friol

Tablón Municipal

 

IX FERIA DO CABALO

IX FERIA DO CABALO

O Concello de Friol organiza unha nova edición da Feira do Cabalo, que nos seus inicios xurdiu como feira monográfica para revitalizar as feiras mensuais, e dada a grande afección ao mundo equino por parte dos veciños, mantívose e consolidouse despois de oito anos.
 
A cita neste 2014 é o domingo 10, e durante a xornada diferentes actividades programadas para tódolos públicos e participantes. 

A feira comenza ás 10:00 horas e entregarase unha rifa para o sorteo dun poldro a tódolos que veñan a cabalo ou traigan gando equino.

Para os nenos e a partir das 11:00 horas, haberá unha escola de equitación con cabolos e ponis completamente gratis.

Ás 12:30 horas comenzará
o espectáculo ecuestre "Soñando a caballo" a cargo de Tomás Besada
Pola tarde ás 17:00 haberá exibicións de andadura: serrada, chapeada e trotóns, na que tódolos participantes terán un agasallo.

Ás 18:00 horas e pola Hípica Amazonas haberá un carrusel de doma clásica.
 
A continuación, a demandada Xincana Popular, para xinetes afeccionados locais, percorrido de probas a contra reloxo, onde a participación é sempre moi concorrida, con máis de 600€ en premios.
 
Despois da entrega de premios e trofeos, rematará a xornada cun sorteo dun poldro.
 
Dende o Concello de Friol, esperamos se repita o éxito acadado en anteriores edicións, tanto de participantes como de público en xeral; contribuíndo así á dinamización económica, social e cultural da nosa vila. 

Programa

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....