O Concello organiza para o vindeiro día 11 de setembro, xoves unha viaxe-excursión para os veciños e veciñas da terceira idade, con comida totalmente de balde, pola Comarca do Morrazo, visitando Cangas e Moaña, e outros concellos limítrofes.
Visitaranse lugares de interese como Cabo Home na Costa da Vela, o Cruceiro de Hío ou a ría de Aldán, en Cangas; e praias e cantís por toda a península, tamén os paseos marítimos e cascos históricos tradicionais destas vilas.
A hora de saída será ás 8 da mañá, de diante do Concello, e tódolos interesados deberán facer a súa solicitude persoalmente nas oficinas do Concello, de luns a venres, de 9 a 3, ata o día 5 de setembro.
Prazas limitadas, a reserva farase por orde de inscrición.
CARTEL DA EXCURSIÓN