O vindeiro domingo, día 7 de setembro, o Concello de Friol organiza o IV CONCURSO DE GANDO VACÚN DE CARNE “CONCELLO DE FRIOL”, coincidindo coa feira mensual do mes, repartindo 1700 € en premios e trofeos en cinco categorías: machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos maiores de 8 meses, novillas e vacas.
Haberá ademais das transaccións habituais da feira, a partir das 8 da mañá, na nave do Mercado Municipal, unha MOSTRA-EXPOSICIÓN con gando vacún de carne de diferentes razas, predominando a “Rubia Galega”, tódolos participantes na feira terán axudas económicas e deberán inscribirse nas oficinas do Concello, podendo facelo nos días previos ou na mesma data.
Ao igual que outros anos contarase coa participación de AGAL, asociación formada por criadores de gando limousin, gando vacún de carne que tamén se cría nas explotacións do municipio e da comarca, e non podía faltar ACRUGA (Asociación de criadores de raza rubia galega), que ademais de traer gando á feira, encargarase cos seus xuíces de valorar ós animais que participen no concurso.