Concello de friol

Tablón Municipal

 

OBRADOIROS DE NADAL 2014

OBRADOIROS DE NADAL 2014

OBRADOIROS de NADAL

O Concello de Friol organiza os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31, obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, coincidindo coas vacacións de Nadal: Traballos con “fieltro” como gorro e bota para Papá  Noel, marionetas, adornos de nadal,... e outras manualidades navideñas, pola mañá de 11:00 a 14:00h na aula do Concello, totalmente gratuítos.

Dous monitores atenderán as 30 prazas dispoñibles que se ocuparan segundo orde de inscrición, as solicitudes recolleranse no Concello de 9:00 a 15:00 horas ata a mesma data de celebración ou ata que se cubran as prazas. (Axúntanse modelos)

Os traballos e manualidades realizadas serán expostas e poderanse ver na XXIV EDICIÓN DA FESTA DOS REIS MAGOS, organizada polo Concello de Friol, o vindeiro día 5 de xaneiro, ás 5 da tarde no Polideportivo Municipal.


FOLLA DE INSCRIPCIÓN

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....