O Concello de Friol organiza a XXIV FESTA INFANTIL DOS REIS MAGOS para nenos e nenas do Municipio de ata catorce anos de idade, celebrarase o vindeiro día 5 de xaneiro ás 5 da tarde.
A festa será no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL onde se instalará o escenario para recibir ÓS REIS MAGOS DE ORIENTE, as súas maxestades recolleran unha por unha as cartas dos asistentes e faranse unha fotografía con quen o desexe.
A xornada amenizarase con música, globos, serpentinas, antefaces, confeti, caramelos e outras sorpresas... poderase disfrutar de xogos e INCHABLES como noutros anos, e como novidade este ano expoñeranse as manualidades e traballos realizados nos OBRADOIROS DE NADAL organizados polo Concello.