Concello de friol

Tablón Municipal

 

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE CROSS CORTO. CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CROSS E MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE CROSS CORTO.  CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CROSS E MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE CROSS CORTO.  CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CROSS E MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

Por segundo ano consecutivo a Federación Galega elixiu o Municipio de Friol para celebrar os campionatos galegos de cross corto, coa colaboración do Concello de Friol e do Club Local “Atletismo Friol”. Celebraranse o vindeiro día 25 de xaneiro no entorno do Club Fluvial, no mesmo circuíto onde se disputou o pasado día 10 o Campionato Provincial Absoluto de Cross.

Espérase a participación dun milleiro de atletas no que será a cita invernal máis importante do atletismo galego, onde buscarán a clasificación para o Campionato Nacional de Cáceres por Clubs. Nas categorías Cadete e Xuveníl, tamén buscarán  clasificarse individualmente para o Nacional por Autonomías que organiza o Consello Superior de Deportes en Guadalajara no mes de marzo.

Na presentación do evento, celebrada no Salón de Plenos do Concello, estiveron presentes ademais das autoridade locais co Alcalde D. Antonio Muiña á fronte, o Presidente da Federación Galega D. Isidoro Hornillos, Delegado de Atletismo de Lugo D. Pablo Gandoy, Presidenta do Club “Atletismo Friol” Dª Asunción López e D. Felipe Barata.

CARTEL

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....