Concello de friol

Tablón Municipal

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015

O Concello de Friol organiza Campamentos de Verán para nenos e nenas de 6 a 13 anos, veciños de Friol, nas instalacións do Club Fluvial durante o mes de agosto, empezando o día 3 ata o 28, en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 h.

A inscripción ábrese o día 14 de xullo, e poderá formalizarse nas oficinas do Concello de 9:00 a 15:00 horas, ata esgotar ás 30 prazas dispoñibles, totalmente GRATIS.

As actividades terán unha temática central que se basea nos libros "As aventuras de Alicia no País das Marabillas" e "A través do espello", consistirán en obradorios de manualidades como herbolarios e faunarios dixitais, iniciación á fotografía, cociña divertida, bailes e coreografías, xogos, deportes e actividades acuáticas.

Se queres pasalo ben, facer amigos e disfrutar do verán:
APÚNTATE.

CARTEL

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....