Como en anos anteriores, O CONCELLO DE FRIOL organiza no mes de setembro a feira do gando vacún de carne, será o vindeiro día 6 no MERCADO GANDEIRO MUNICIPAL.
Esta feira, xa consolidada, intentamos que sexa un referente na provincia, escaparate das mellores ganderías do concello e onde compiten con explotacións doutras comarcas.
Supón un recoñecemento á calidade do gando que se cría en Friol, e unha contribución á potenciación do Mercado Gandeiro Municipal. Un impulso para as feiras mensuais, e en definitiva o apoio a un pilar básico, na economía do noso Concello, como é a produción de carne.
Esperamos contar coa súa participación, xa sexa como público ou traendo animais á feira; para vender ou competindo nas cinco categorías onde se repartirán 1.500 € en premios, e un premio especial de 200 € ao mellor lote.
CARTEL E DÍPTICO