O Concello organiza para o vindeiro día 17 de setembro, xoves unha viaxe-excursión para os veciños e veciñas da terceira idade, con comida totalmente de balde, pola Comarca de Ortegal, visitando Ortigueira e Cariño, e outros concellos limítrofes.
Visitaranse lugares de interese como Cabo Ortegal, os cantís de Loiba ou os de Herbeira, os máis altos de Europa na Serra da Capelada, vilas como Espasante ou O Barqueiro; tamén as praias, os paseos marítimos e os cascos históricos tradicionais destas vilas.
A hora de saída será ás 8 da mañá, de diante do Concello, e tódolos interesados deberán facer a súa solicitude persoalmente nas oficinas do Concello, de luns a venres, de 9 a 3, ata o día 11 de setembro.