Concello de friol

Tablón Municipal

 

CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MULLERES

CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MULLERES

O Concello de Friol continúa durante os meses de novembro e decembro do 2015, e ata xuño de 2016 un “CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MULLERES”.

Esta actividade continuidade do curso celebrado no pasado 2014-15 é moi demandado polas veciñas de Friol, maiores de 18, que poderán participar tódolos luns e mércores a partir das 9 da noite no Polideportivo Municipal, de clases aeróbicas e de mantemento con monitor especializado, durante unha hora, dun xeito totalmente de balde.

As interesadas poderán apuntarse durante o curso, ata completar prazas, sendo o día 4 de novembro a primeira clase de presentación,  deberán acudir con chándal e calzado axeitado e asinar a solicitude de inscrición, onde deberá figurar calquera incidencia ou doenza que limite a práctica de deporte.

As solicitudes poderán entregarse no Concello, en horario de oficina, ou no propio curso.

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....