Concello de friol

Tablón Municipal

 

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E CADETE DE CROSS CORTO POR CLUBS

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E CADETE DE CROSS CORTO POR CLUBS

FRIOL REPITE CAMPIONATO GALEGO DE CROSS

POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO A CITA DO ATLETISMO GALEGO SERÁ EN FRIOL

Friol será o vindeiro 31 de xaneiro o escenario do “Campionato galego xuvenil e cadete de cross corto por clubs”, ademais celebrarase o Memorial Alejandro Lorenzo de Cross para categorías inferiores.

O evento, organizado polo concello de Friol por terceiro ano consecutivo en colaboración co “Club de Atletismo Friol”, espera recibir a mais de 1.000 atletas de todo Galicia, no que está considerada a cita mais importante da tempada de cross no panorama autonómico.

Empezará a partir das 10.30h da mañá e servirá, ademais de para coñecer ós campións autonómicos das distintas categorías, para formar ás seleccións autonómicas dos distintos grupos de idade que tomarán parte nos campionatos nacionais de campo a través.

Ó igual que o ano pasado, celebrarase no entorno do Club Fluvial de Friol, onde a tempada pasada se proclamaron como gañadores os clubs: New Balance no apartado masculino e o Comesaña Sporting Club no feminino.

O Concello agradece a decisión da Federación de Atletismo de repetir na localidade, decisión motivada en grande parte pola colaboración e coordinación do Club de Atletismo Local, responsabilidade directa de Felipe Barata, que dirixe o club xerando afección entre os veciños e veciñas, á vez que consolida en Friol o atletismo como deporte local. A axuda e soporte económico municipal ó club vese recompensado cos bos resultados nas competicións, pero sobre todo coa práctica do deporte e da implicación dun importante número de alumnos do C.P.I. Dr. López Súarez, sendo na actualidade a súa directora Asunción López, a presidenta do “Club de Atletismo Friol”.

Os organizadores: O Alcalde D. José Ángel Santos, e o Presidente da Federación D. Isidoro Hornillos, acompañados do Delegado de Atletismo en Lugo D. Pablo Gandoy, da Delegada de deportes municipal  Dona María Josefa Janeiro Vizcaíno, e da Presidenta e responsable do club local  presentaron a proba, e agradeceron a participación dos colaboradores, á marca comercial, Coca-Cola e á Xunta de Galicia que participa coa campaña “Galega 100%” para promocionar o consumo do leite galego en apoio ao sector, sector lácteo que é motor clave da economía de Friol.

CARTEL DA PROBA



 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....