ANUNCIO DAS OBRAS "MELLORA ENERXÉTICA DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO DE COTÁ, GULDRIZ DE ABAIXO E VARIOS PARQUES INFANTIS E RECINTOS VERDES"
Pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ao abeiro do disposto na orde de 21 de decembro de 2015, concedeuse ao Concello de Friol unha axuda para a realización das obras de “mellora enerxética das instalacións de alumeado público de Cotá, Guldriz de Abaixo e varios parques infantis e recintos verdes”, con cargo á liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.
As obras adxudicaronse á empresa “Proxecta Obras e Servizos S.L.” por importe de 54.486,30€ (I.V.E. incluido). Unha vez realizadas as obras e presentada a documentación pertinente, aprobouse a conta xustificativa dos investimentos realizados pola Xunta de Goberno na sesión celebrada o 17 de outubro do actual.
CARTEL DE OBRA