Programa Elixe Galicia
Programa Elixe Galicia
Promovido pola Axencia Galega de Turismo, está destinado a moz@s menores de 30 anos, Familias con nen@s e persoas maiores de 55 anos que sexan pensionistas.
Os destinos que se poden solicitar son todos eles en Galicia, habendo catro modalidades:
- Vacacións en zonas costeiras (5 días).
- Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural (3 días).
- Rutas de Natureza e Montaña (3 días)
- Estadías en balnearios (5 días)
O prazo para solicitar rematará o 2 de marzo para optar a prazas dentro deste ano 2020.
Para optar a prazas en 2021, o prazo rematará o 30 de setembro.
Folleto informativo