O Concello de Friol abrirá o próximo día 16 de xuño o prazo para reserva de praza de preinscrición no Punto de Atención á Infancia para o curso 2021-2022.
Poderán presentar as solicitudes tódolos Pais/Nais/Titores Legais dos nenos menores de 3 anos, ata o 30 de xuño como data límite.
As solicitudes poden presentarse nas Oficinas Municipais en horario de oficina de 09:00 a 14:00 horas.
A documentación necesaria pódese descargar nos seguintes enlaces:
Instancia
Autorización par recoller ao menor