Comunícase que o IMSERSO ven de convocar o programa de turismo social. Os destinos que se poden escoller son en distintos puntos da Costa Peninsular, Baleares, Canarias e Turismo de Interior, entre outros.
O programa vai destinado a aquelas persoas pensionitas de xubilación, de viuvedade –se teñen máis de 55 anos, e de invalidez ou pereptores de prestacións de desemprego –se teñen máis de 60-. Os cónxuxes non é preciso que sexan desa idade.
Os que realizaron viaxes con anterioridade, NON é preciso que realicen a solicitude, xa que están acreditados.
Os veciños de Friol que queiran presentar a súa solicitude, poderano facer a través dos servizos sociais do concello, en horario de 9 a 15.
O prazo remata o venres 30 de xullo.