PROGRAMA LUGOTERMAL
Comunícase que a Deputación Provincial de Lugo abriu o prazo para participar no programa de termalismo denominado Lugo Termal.
Poderán solicitar praza aquelas persoas veciñas da provincia maiores de 50 anos (o acompañante non precisa ter esta idade).
Os balnearios que se poden escoller son Augas Santas de Pantón, Río Pambre de Palas de Rei e Termas Romanas de Lugo.
Os turnos son de seis días con cinco noites, de novembro deste ano ata xuño do que ven.
Existen dúas modalidades, ou ben recibir só os tratamentos sen quedar no balneario ou ben tratamentos e pensión completa. A primeira opción custa 189€ e a segunda 200€.
As persoas interesadas, poderán realizar a súa tramitación nos servizos sociais do Concello de Friol de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas.