Este Servizo está subvencionado polo Concello de Friol e levarase a cabo no recinto escolar, en horario de 7:45 a 9:45 horas, que é cando empeza o horario lectivo do centro educativo.
O importe que hai que pagar será de 80 € por todo o curso escolar, para cada alumno ou alumna que solicite este servizo.
Para anotarse ao Servizo de Madrugadores poderá facerse nas oficinas do Concello ou no correo info@concellodefriol.es, dende o 24 de agosto ata o 3 de setembro, ámbolos dous incluídos. Para poder obter praza neste Servizo de conciliación, é preciso que os beneficiarios do mesmo estean empadroados no municipio ou matriculados no C.P.I. Doutor López Suárez de Friol.
Non obstante, o Concello de Friol estudará os casos particulares que se presenten e sempre que resulten debidamente acreditados poderán ser eximidos de esta obriga. Sempre que exista dispoñibilidade de prazas, poderanse incorporar novos usuarios fóra dos prazos de inscrición marcados, sendo preciso aboar a cota establecida.
NOTA IMPORTANTE: O Servizo de Madrugadores proposto levarase a cabo sempre que haxa un mínimo de inscritos suficientes para formar un grupo, polo que a admisión definitiva estará condicionada a esta consolidación de grupos. De non ser posible a creación de un grupo, informarase ás familias dos solicitantes, non existindo compromiso nin responsabilidade algunha por parte do Concello de Friol de garantir a realización do presente Servizo.
CONDICIÓNS SERVIZO MADRUGADORES
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN