BONO CONCILIA FAMILIA
Bono Concilia Familia
 
Ata o 17 de outubro está aberto o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia, destinado a aquelas familias con nenos/as ata 13 anos.
 
As contías desta axuda poden ser de 500 euros por unidade familiar para a contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno para o pago de campamentos ou doutros recursos de conciliación, como ludotecas ou espazos infantís.