Curso 2026/2027
PRAZO: Ata o 30 de xuño
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Servizos Sociais Municipais
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) do último exercicio (2025) do pai e da nai.
- Calquera outra documentación que sexa necesaria para acreditar a situación económica da unidade familiar.
- Copia da Cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente do/a neno/a.
- Unha fotografía tamaño carné do/a neno/a.
- Autorización por escrito das persoas que poden recoller o/a neno/a, especificando cal é a relación e o número de carné de identidade das mesmas (Anexo I)
- Informe médico pediátrico no que conste que o neno/a non padece enfermidade infecto-contaxiosa.
No caso de que o/a neno/a estea suxeito/a a algún tipo de tratamento médico, será necesaria a autorización por escrito dos pais, titores ou representantes legais, indicando as características do tratamento e as horas de administración da dose correspondente. Tamén será preciso un informe dos pais ou representantes legais no caso de que o menor manifeste algunha alerxia alimenticia (lactosa, glute,…) e física a algún tipo de material (pinturas, tecidos,…).
- Fotocopia da cartilla de vacinación do/a neno/a.
(Nota: Se algún dos documentos foran presentados con anterioridade na solicitude de reserva de praza, NON fará falta achegalos de novo)
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA
IMPRESO MATRÍCULA