Programa de Turismo Social do IMSERSO
O IMSERSO ven de convocar o Programa de Turismo Social -Programa de Viaxes- para poder viaxar dende outubro deste ano 2025 ata xuño de 2026.
Os requisitos para acreditarse son:
.- Ser pensionista de xubilación
.- Ser pensionista de viuvedade, pero maior de 55 anos
.- Perceptor de prestacións de desemprego, pero maior de 60 anos
(Os cónxuxes non é preciso que teñan esa idade).
(Poderá acompañar un fillo cunha discapacidade do 45 %)
Aquelas persoas veciñas de Friol que queiran acreditarse, poderán presentar a súa solicitude dende os Servizos Sociais Municipais.
O prazo estará aberto dende o 1 ata o 23 de xullo.
Os participantes en anteriores edicións NON necesitan acreditarse.
DESTINOS E PREZOS