Programa Benestar en Balnearios
Comunícase que o IMSERSO ven de convocar o Programa de Termalismo Social (Balnearios), destinado a persoas maiores de 65 anos ou de 55 se son pensionistas de viuvedade. Tamén pode ir un fillo cunha discapacidade mínima do 45% sempre que non precise axuda doutra persoa.
O programa consiste en estadías de dez ou doce días nun balneario de Galicia e doutras comunidades autónomas.
O prazo estará aberto ata o día 4 de decembro, para aqueles que queiran ir nos turnos de febreiro a agosto, e ata o 15 de maio para aqueles que queiran ir de setembro a decembro.
A documentación que deberán aportar é carné de identidade, así como a coantía da pensión que perciben.
A tramitación da solicitude poderase realizar a través dos Servizos Sociais do Concello de Friol de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.