OBRADOIROS de NADAL 2016-2017
O Concello de Friol organiza os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2,3 e 4 de xaneiro, obradoiros para nenos e nenas de 6 a 13 anos, coincidindo coas vacacións de Nadal, entre outras actividades manualidades navideñas, como adornos e figuras para a árbore, tarxetas de Nadal, pulseiras, colgantes, carta ós Reis Magos....., pola mañá de 11:00 a 14:00 h na aula do Concello, totalmente gratuítos. Dous monitores atenderán as 40 prazas dispoñibles que se ocuparan segundo orde de inscrición, as solicitudes recolleranse no Concello de 9:00 a 15:00h ata a mesma data de celebración ou ata que se cubran as prazas. Os traballos e manualidades realizadas serán expostas e poderanse ver na XXVI EDICIÓN DA FESTA DOS REIS MAGOS, organizada polo Concello de Friol, o vindeiro día 5 de xaneiro, ás 5 da tarde no Polideportivo Municipal.