De conformidade co disposto en Resolución da Alcaldía de 02 de Xuño do actual, faise pública convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais, para a tempada 2017, no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Friol, mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR Galicia 2014-2020:
- Un xefe de brigada
- Un peón condutor
- Tres peóns.
- Tres condutores para o vehículo motobomba.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de Friol, en horario de 9 a 15 horas en días laborais, ou por calquera dos medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Cando as solicitudes se presenten fora do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax ao concello (982-375206) comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente
.
O prazo de presentación será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Requisitos: Os establecidos nas bases da convocatoria.
Procedemento de selección: a realización dunha proba teórica tipo test, valoración de méritos e entrevista, segundo o establecido nas bases que se atopan a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais e na web do concello.
BASES PEÓNS
BASES XEFE BRIGADA
BASES CONDUTORES MOTOBOMBA
MODELO SOLICITUDE PEÓNS
MODELO SOLICITUDE XEFE BRIGADA
MODELO SOLICITUDE CONDUCTORES
ANUNCIO B.O.P.