ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PERMISOS PARA O LUME NOVO
A partires de hoxe xa se poden recoller os impresos para solicitar autorización para o Lume Novo 2017 nas oficinas municipais.
Deberá asinar a persoa que se faga responsable da fogata.
O prazo de entrega dos mesmos remata o vindeiro mércores día 21 ás 12:00 horas, e unha vez autorizado pola Xunta de Galicia, poderán recollerse os mesmos o venres 23 de xuño a partires das 10:00 horas.