Programa Benestar en Balnearios
Comunícase que a Xunta de Galicia ven de convocar o Programa de Benestar en Balnearios, destinado a persoas maiores de 65 anos ou de 60 se son pensionistas. Tamén pode ir un fillo cunha discapacidade sempre que non precise axuda doutra persoa.
O programa consiste en estadías de dez días nun balneario galego, entre os que se atopan Termas Romanas, en Lugo, Augas Santas, en Ferreira de Pantón, Río Pambre, en Palas de Rei, Guitiriz, Baños de Molgas, Carballiño, Arnoia, Caldas de Reis, etc. Os turnos serán ata decembro do presente ano.
O prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o día 17 de outubro.
A documentación que deberán aportar é carné de identidade.
A tramitación da solicitude poderase realizar a través dos servizos sociais do Concello de Friol de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.