ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE "MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA REDE DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EN MURAZA, SAN MARTÍN DE BRÁ E CARLÍN"
A Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 6 de agosto do presente, adxudicou as obras de "MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA REDE DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EN MURAZA, SAN MARTÍN DE BRÁ E CARLÍN" financiadas con cargo á liña de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao abeiro da orde de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 21 de decembro de 2017.
O adxudicatario é a embresa Reboben González, S.L. por importe de 29.940 I.V.E. excluído