I CROSS “CONCELLO DE FRIOL”. CATEGORIA MENORES
O Concello de Friol xunto coa Delegación Lucense de Atletismo da Federación Galega, e en colaboración co Club de Atletismo de Friol, organizan a primeira competición de Cross “Concello de Friol” o vindeiro día 6 de Nadal, nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol “A Reigosa”.
Ás once da mañá celebraranse as carreiras de categorías de menores, e a partir das doce menos cuarto o Campionato Provincial Xuvenil, Junior, Absoluto e Veterán.
Tódolos interesados/as en participar poderán descargar o Regulamento, e o Programa que se axuntan. Para mais información dirixirse ás oficinas municipais en horario de mañán, de 9 a 15 horas, de luns a venres, e os sábados de 10 a 14 horas.
O regulamento pódese descargar no seguinte enlace:
REGULAMENTO
CARTEL