Concello de friol

Tablón Municipal

 

III CARREIRA POPULAR

III CARREIRA POPULAR

O Concello de Friol e o Colexio Público Integrado Dr. López Suárez organizan a III Carreira Popular “Concello de Friol” o sábado 2 de maio con diferentes categorías e horarios para que participen tódalas idades dende as 11 da mañá.
Celebrarase con percorridos urbanos, en diferentes distancias dependendo da categoría, haberá 6 carreiras para menores con 100, 300, 700, dúas de 1400, e 2100 metros. A carreira absoluta celebrarase a partir das 12 da mañá, as categorías tanto no apartado masculino como feminino serán 10 dependendo da idade, terá un percorrido de 5 km (Praza de España, Avda. de Lugo, ao pasar a gasolinera, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se tomara a circunvalación dirección Friol, rúa Sta. Isabel ata enlazar coa Avda. de Lugo, a altura do colexio daráselle unha volta ao mesmo para entrar en meta).
Todas partirán da Praza de España, onde se atoparán as carpas de organización, avituallamento e onde se entregarán os premios arredor das 13:30h.
As inscricións, poderán facerse na http://www.championchipnorte.com/, e os menores entregando o modelo de solicitude que atoparan na web do Concello de Friol ata o día 28 de abril.

FOLLA DE INSCRIPCIÓN MENORES

CARTEL


REGULAMENTO

 
Area de Urbanismo

Área de Urbanismo

Plans de actuación, licencias de obras, normativas, teléfonos
telefonos de interes

Teléfonos de Interese

Teléfonos do Concello e das consellerías ademais da farmacia, centro de saude, hostelería, etc...
ferias y eventos

Feiras & Eventos

Nesta sección atopará todalas feiras e eventos, dende a feira do queixo e o pan de ousá pasando pola feira do cabalo, etc....